Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fogar de Breogán

TVG, a panacea do basket

A TVG vai emitir un espazo de 15 minutos á semana de baloncesto, os domingos pola tarde dentro do promgrama "A Xornada"... vaia, vaia, vaia. Que se lembraron de nós!!!!!!!!!! Pero si, mellor 15 minutos e non 20, que non vaia ser que nos empachemos.

Sorride que saímos na 2!

Breo, Breo, Breo, Breogán! Por fin imos poder desfrutar dos nosos ne tele. Xa que non botan ningún partido do Breo pola TVE decidiron darlle algo de notoriedade cunha reportaxe especial no programa da 2 que hai tódolos luns ás 20:30, Zona ACB. Aínda non se sabe en que data sae, pero xa grabaron en Lugo. O realmente marabilloso sería poder ver a Mickeal o domingo pola tarde na primeira e non ter que conformarnos con que boten unha peza de cinco minutos o luns ó serán. Cando será o Breogán un deses equipos ós que lles televisan ata seis partidos por ano coma o Caja San Fernando ou o Joventut? Non o sei, pero un paso importante sería que a TVG fixera algo ó respecto. É incrible que tendo un equipo ACB non amosen algo de interese en retransmitir os partidos, xa non digo todos, pero como mal menor os que xogan no Pazo Universitario. O sábado pola tarde vemos de todo, ata fútbol de rexional se fai falla, pero co baloncesto non pasa o mesmo. É unha situación na que todos aqueles ós que nos gusta o deporte do aro sentimos vergoña allea.

Akas que?

O sábado, no partido contra o Akasvayu Girona, definíronse posturas e asentáronse crenzas que ata o momento eran só iso, suposicións. Por unha banda viuse que temos un equipo da clase media alta, que se conta con tódolos efectivos pode chegar a estar entre os oito primeiros. Por outro lado tamén puidemos ver que un equipo, financiado por unha inmobiliaria que non coñecen nin na cidade na que ten a sé, de 12 millóns de euros de presuposto ten que botar man dunha actuación arbitral cando menos discutible e parcial para gañar no Pazo. As regras cambian segundo quen defenda, e se na zona do Breo hai roces aí hai falta, mentres que no outro lado non ocorre o mesmo. Así se entende que perdamos partidos coma os que levamos xogados contra os cataláns, Barcelona e Girona, onde non podemos defender con noramilidade e claro está, se xuntas xente no equipo da calidade de Navarro e Basile ou Myers e McDonald... Pois iso,que pasa o que pasou.

Gústache o basket? Eres seguidor do Breogán? Benvido!

Por fin! Nace hoxe un novo espazo adicado ó Breogán, ós seus seguidores e ó baloncesto en xeral. Será este un lugar de debate, case sempre acalorado, onde poderedes expresarvos e tamén non expresarvos. Onde se vos permitirá a crítica (porque non queda outro remedio ca ser democrático ;p) pero nunca constructiva, si, ledes ben. Non se vos xuzgará por argumentar ben un comentario, simplemente se vos escoitará. En definitiva, un recuncho onde a afección ó baloncesto, e en concreto ó Breogán de Lugo, é o centro do universo. Un sáudo e FORZA BREO!

Carlinhos

Fogar de Breogán © Todos los derechos reservados al autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora se mantiene con Bitacoræ.