Sorride que saímos na 2!
Carlos Toural - 17-11-2005 13:58:51 | Categoria: General
Breo, Breo, Breo, Breogán! Por fin imos poder desfrutar dos nosos ne tele. Xa que non botan ningún partido do Breo pola TVE decidiron darlle algo de notoriedade cunha reportaxe especial no programa da 2 que hai tódolos luns ás 20:30, Zona ACB. Aínda non se sabe en que data sae, pero xa grabaron en Lugo. O realmente marabilloso sería poder ver a Mickeal o domingo pola tarde na primeira e non ter que conformarnos con que boten unha peza de cinco minutos o luns ó serán. Cando será o Breogán un deses equipos ós que lles televisan ata seis partidos por ano coma o Caja San Fernando ou o Joventut? Non o sei, pero un paso importante sería que a TVG fixera algo ó respecto. É incrible que tendo un equipo ACB non amosen algo de interese en retransmitir os partidos, xa non digo todos, pero como mal menor os que xogan no Pazo Universitario. O sábado pola tarde vemos de todo, ata fútbol de rexional se fai falla, pero co baloncesto non pasa o mesmo. É unha situación na que todos aqueles ós que nos gusta o deporte do aro sentimos vergoña allea.
Comentarios (0) - Referencias (0)